Friday, May 31, 2013

To My Colleagues

Aos meus compañeiros de traballo que descubriron o meu blog--quero dicirvos moitas grazas por todo o que fixestes para min nestes dous anos. Dende o principio, déstesme a benvida como unha compañeira, non só "a estranxeira," e sempre estivestes interesados no meu país, na miña cultura, na miña lengua, e o que é máis, en min como persoa.

Non é fácil desprazarse dun país a outro, onde non tes ningún coñecido, onde non entendes os costumes, e onde non falas perfectamente o idioma. Pero facilitástesmo, aceptástesme, e agradezo iso moito. Quero pedir perdón por todas as veces que non vos entendín, ou o idioma ou os vosos costumes, e quero dicirvos grazas por ser pacientes comigo mentres aprendía da cultura e das linguas aquí. Como espero que se pode ver neste texto pequeno, aprendín un mogollón, e quero dicirvos grazas pola axuda.

CPI da Cañiza é un pequeno colexio marabilloso, e as memorias que teño diso sempre serán de xente cariñosa e alumnos moi monos. Paseimo moi ben traballando convosco, e vou botar de menos o colexio e a xente moito.

Moitas grazas por axudar a contribuír a 2 anos moi felices nun lugar excelente.

Con cariño,
Alisa